martes, 18 de diciembre de 2007

PASO 1. LOGO RETRATADO


Presentación en sociedade do noso logo. É a primeira proposta apoiada por maioría, deseñada por Peter Dew e secundada ferventemente por Serxio Walls.Semella, segundo este último retratil apoia de novo, (día amable e cariñoso do chaval),que o nome pode ser PEDREGRÍN. Non fan falta descalificacións por elo,gracias.
Él guiaravos polas maravillas ocultas de Santiago,creando rutas de interés. Neste caso e á diferencia do seu sectario e jonky primo Wally, él darase a ver con facilidade e levaravos sobre un mapa ata os lugares previstos.

domingo, 9 de diciembre de 2007

BUSCANDO COLABORACIÓN RETRATIL


Dado o primeiro paso, o de especificar as nosas cistérnicas claves wés, hoxe daremos un paso masi e explicareivos un pouco máis pormenorizadamente os contidos, obxectivos, obxectos e intencións, para o bo funcionamento da web.
Como xa adiantamos, tratarase dunha web con un contido alternativo sobre Santiago. Achegarémosvos curiosidades, lugares alleos a calquera canónica visita guiada pola cidade e ARREDORES .... Aquí é onde reclamo a vosa colaboración. Calquera de vós que coñeza algún lugar, feito, suceso, marca, asasinato etc, de relevancia e de extrana natureza, debe de comunicárnolo. Por iso de que o estudo non é competencia, senón superación propia...non pensedes que eso levará consigo unha mellora do noso traballo á vosa conta.
Os contidos que levamos "presupostados" ata agora van dende extranas igrexas, extranos falos pétreos, anxos un tanto obscenos, chamadores de portas antigos e con historia, "impertinentes" ventanucos, rúas de salsepodes, etc. A investigación tamén nos leva a lugares dos arredores de Santiago. Mostraremos documentación gráfica e de vídeo de todos aqueles que consideremos dignos de mención.
¿ Onde se atopa a dificultade? En que a nosa intención é a de proporcionarvos unhas rutas para chegar a todos estes lugares. Para elo tentaremos facer uns mapas que vos conduzan ata alí, o máis claros posibles e xogando sempre cos nosos coñecementos en Flash e Dreamweaver. Polo tanto, os materiais empregados serán:
- Fotografías
-Vídeos de elaboración propia
-Mapas e rutas
-Información sobre os lugares
Os contidos serán na súa maioría informativos, aínda que se mesturarán con algún que outro satírico, que diferenciaredes perfectamente, polo perfecto coñecemento do lugar e da súa verdadeira información.
Sen masi, solicito a vosa colaboración coa web, con propostas de lugares exóticos, extranos e de relevancia. Será recompensado cunha especial "denominación de orixe" á ruta.

sábado, 8 de diciembre de 2007

Tron

“Esta é a historia de dous mundos e dos seres que os habitan. Un é o noso mundo, o que vemos e sentimos. Encóntrase a este lado da pantalla. O outro, unha microcivilización que vive e respira máis alá. É o mundo dos programas. Como nós, os usuarios, creamos este mundo, unha parte de nós vive aí, ó outro lado da pantalla”.
Este é o prólogo que escribiu o director e co-guionista do filme Steven Lisberguer, prólogo tan só incluído nas versións inglesas da película e que presenta escuetamente os mundos que conforman Tron.

Esta película, producida no ano 1982, surxe nos primeiros tempos da informática doméstica sendo o primeiro gran acercamento do cine ó mundo electrónico, mediante unha representación do interior dun sistema informático. Isto supón unha “vitalización” da información codificada, que se ve reforzada pola inmersión dun dos personaxes humanos neste mundo virtual. Aquí vemos unha das primeiras representacións que se fan de cómo é o mundo virtual e a interacción entre os sistemas de software e o usuario, incuso ó nivel de outorgarlle unha característica de intelixencia artificial a certos programas e ó control maestro. Se pensamos a película a un nivel filosófico podemos dicir que vemos planteado por primeira vez o tema do poder da información como ente independendiente que podería revelarse contra os seus creadores.

A trama elaborada en Tron é bastante simple, pero é un filme moi interesante polo seu carácter innovador debido ás ténicas utilizadas e porque crea un mundo novo ( onde se inclúen 32 minutos de imaxes feitas por ordenador ). Os personaxes teñen vinculacións con conceptos informáticos realis: o mesmo Tron ten unha vinculación directa co comando Basic ( unha das primeiras linguaxes de programación de fácil uso para cualquer usuario), Tron en Basic é un comando que permite o seguimiento de variables, que mostra en pantalla que é o que vai sucedendo, línea a línea, o programa que se está executando. Outros personaxes como o de Flynn denomínase CLU, que tamén pertenece á informática, é unha vella linguaxe de programación. A tecnoloxía dixital que usaron, aínda precaria neses anos, non permitía moito dinamismo pero resulta moi interesante ver os sistemas usados para a creación das escenas:
-Mediante o ordenador diseñaron vehículos e paisaxes tridimensionais. Non fixeron restriccións dende o punto de vista da realidade física dos obxetos.
-Os personaxes créanse con luz ( pintados con luz ). É un modo de crear un ser físico que nunca se utilizara anteriormente. Mediante a combinación de imaxes reais e dixitais se crean as novas imaxes, cun sistema de animación que se denomina de contraluz.
-Para producir e crear os efectos especiais tiveron que levar a cabo un sistema custoso: ampliaron cada fotograma da película en Kodaliths de 35 cm e os trataron coma se fose unha película animada. -O fotograma máis sinxelo tiña seis ou sete capas e o máis complexo ata vintecinco ou trinta capas.

Os artistas conceptuais da película foron Syd Mead (Blade Runner e Alien) e o coñecido dibuxante de comics Jean Giraud “Moebius”, gracias a eles, a película adquiriu un estilo visual moi definido, que non se repetiu ata o momento e que se estuda en escolas de diseño de todo o mundo.

sábado, 10 de noviembre de 2007

AUTORRETRETES ANUNCIAN CAMBIO DE CISTERNA TEMÁTICA




O funcionamento da cadea retratil das nosas extranas mentes e tuberías neuronais sufriu un novo atasco. Bart Simpson, Peter Griffin ou Wender induciron as nosas mentes e convencéronos de que non eran suficiente material para a nosa futura wé.
Decidimos que as personaxes e a súa relación co mundo da gran pantalla resultaría un tema de recopilación e estructuración de información xa existente. Por tanto, a nosa creatividade ou innovación internauta quedaría á marxe e a calificación final sería insulsa e potencialmente escasa. Vale, pode que esto último estivese mellor en elipse...digamos que era a principal escusa, pero as outras expostas tamén dan o pego.
Ben, despois de esto sometemos os nosos sumidoiros a unha profunda e incesante búsqueda de novos temas e atopamos un valeiro en VÓS.

-Santiago, dis? Pois a catedral e o Pórtico da gloria,o camiño de Santiago,as innumerables igrexas, a explotación comercial ós guiris con minibotafumeiros...

Nós presentamos alternativas. A fotografía semella un sinxelo poste granítico verdade? E se vos digo que é un falo histórico? Coñeceredes algunha parada do XUBILEO PAGANO de Santiago de Compostela, extranas rúas e ambientes conflictivos. Todo iso tratado dende un punto de vista irónico,nalgúns casos, e noutros informativos. Achegarémosvos un Santiago alternativo e cheo de curiosidades, adxunto a mapas e rutas a seguir.

Como complemento, cada un dos retráctiles sinónimos ofensivos que compoñemos esta BITÁCORA ofrecerá lugares alleos a Santiago do mesmo calibre. Coñeceredes a ANTIGA CAPITAL DE GALICIA..."con certos matices históricos e de fontes máis ou menos fidedignas", lugares gastronómicos moi coñecidos e "peculiares"...

Xa sabedes, queridos, a nosa imaxinativa cadea cistérnica está definitivamente axustada e preparada para ser tirada e explorada internamente.

Sin máis ónimo de ofender.

jueves, 18 de octubre de 2007

Presentamos a Idea


A inspiración apareceu nas nosas "quijoteras", e a proposta toma corpo.
"Deleitarémosvos" cunha web con diferentes seccións sobre series animadas e os seus símiles en obras cinematográficas. Nela ofreceremos fotografías, posters, enlaces con videos de secuencias, etc.
Tamén pensamos na creación dun ranking cos personaxes máis míticos e históricos que aparecen nelas, e que vós poderedes elixir e votar...se os coñecementos e habilidades no lo permiten.
Faremos unha descripción "analítica" de estas series e personaxes, retretándoos e comparándoos cos seus irmáns 3D.
Por agora non vos adiantaremos moito "masi", asique quedádevos co incertidume...
Pero buerno, mis queridos drugos, calquera machada que se nos vaia ocorrendo xa a poñenremos.

A Futura Web

Encontrámonos aínda en proceso de debate sobre o tema do proxecto de web retretil.

As nosas encefálicas cisternas aínda non están cheas de suficiente materia gris para evacuar firmes contidos. Seguiremos informando, punto.

domingo, 14 de octubre de 2007

Carta de autorretretación

Presentarémoslle unha ceñuda descripción dos retretes que verán ao longo deste ben "deseñado" e "creado" cuadrimestre.
Estes tres aldraxados da cultura de "Roca", desmárcanse como afanados exploradores das refinadas tuberías da animación e do deseño wé. Ao longo deste período iránlle amosando publicamente os seus avances, pasos e actividades.

Que ningún parafuso nin arandela se lles atasque.

  • Un cidadán dunha antiga metrópole galega e que agora adopta como nome persoal, cal Vito Corleone; Proupín.
  • Un "afanado fan" da cultura heavy, rei e sabio coñecedor das mareas murenses...Mr. Serxio Muros
  • Todo un "blancoestrella", con dominio da arte escénica por antonomasia e por tradición devanceira...con nome de tradición cinematográfica...Lois.