jueves, 18 de octubre de 2007

Presentamos a Idea


A inspiración apareceu nas nosas "quijoteras", e a proposta toma corpo.
"Deleitarémosvos" cunha web con diferentes seccións sobre series animadas e os seus símiles en obras cinematográficas. Nela ofreceremos fotografías, posters, enlaces con videos de secuencias, etc.
Tamén pensamos na creación dun ranking cos personaxes máis míticos e históricos que aparecen nelas, e que vós poderedes elixir e votar...se os coñecementos e habilidades no lo permiten.
Faremos unha descripción "analítica" de estas series e personaxes, retretándoos e comparándoos cos seus irmáns 3D.
Por agora non vos adiantaremos moito "masi", asique quedádevos co incertidume...
Pero buerno, mis queridos drugos, calquera machada que se nos vaia ocorrendo xa a poñenremos.

A Futura Web

Encontrámonos aínda en proceso de debate sobre o tema do proxecto de web retretil.

As nosas encefálicas cisternas aínda non están cheas de suficiente materia gris para evacuar firmes contidos. Seguiremos informando, punto.

domingo, 14 de octubre de 2007

Carta de autorretretación

Presentarémoslle unha ceñuda descripción dos retretes que verán ao longo deste ben "deseñado" e "creado" cuadrimestre.
Estes tres aldraxados da cultura de "Roca", desmárcanse como afanados exploradores das refinadas tuberías da animación e do deseño wé. Ao longo deste período iránlle amosando publicamente os seus avances, pasos e actividades.

Que ningún parafuso nin arandela se lles atasque.

  • Un cidadán dunha antiga metrópole galega e que agora adopta como nome persoal, cal Vito Corleone; Proupín.
  • Un "afanado fan" da cultura heavy, rei e sabio coñecedor das mareas murenses...Mr. Serxio Muros
  • Todo un "blancoestrella", con dominio da arte escénica por antonomasia e por tradición devanceira...con nome de tradición cinematográfica...Lois.