sábado, 10 de noviembre de 2007

AUTORRETRETES ANUNCIAN CAMBIO DE CISTERNA TEMÁTICA




O funcionamento da cadea retratil das nosas extranas mentes e tuberías neuronais sufriu un novo atasco. Bart Simpson, Peter Griffin ou Wender induciron as nosas mentes e convencéronos de que non eran suficiente material para a nosa futura wé.
Decidimos que as personaxes e a súa relación co mundo da gran pantalla resultaría un tema de recopilación e estructuración de información xa existente. Por tanto, a nosa creatividade ou innovación internauta quedaría á marxe e a calificación final sería insulsa e potencialmente escasa. Vale, pode que esto último estivese mellor en elipse...digamos que era a principal escusa, pero as outras expostas tamén dan o pego.
Ben, despois de esto sometemos os nosos sumidoiros a unha profunda e incesante búsqueda de novos temas e atopamos un valeiro en VÓS.

-Santiago, dis? Pois a catedral e o Pórtico da gloria,o camiño de Santiago,as innumerables igrexas, a explotación comercial ós guiris con minibotafumeiros...

Nós presentamos alternativas. A fotografía semella un sinxelo poste granítico verdade? E se vos digo que é un falo histórico? Coñeceredes algunha parada do XUBILEO PAGANO de Santiago de Compostela, extranas rúas e ambientes conflictivos. Todo iso tratado dende un punto de vista irónico,nalgúns casos, e noutros informativos. Achegarémosvos un Santiago alternativo e cheo de curiosidades, adxunto a mapas e rutas a seguir.

Como complemento, cada un dos retráctiles sinónimos ofensivos que compoñemos esta BITÁCORA ofrecerá lugares alleos a Santiago do mesmo calibre. Coñeceredes a ANTIGA CAPITAL DE GALICIA..."con certos matices históricos e de fontes máis ou menos fidedignas", lugares gastronómicos moi coñecidos e "peculiares"...

Xa sabedes, queridos, a nosa imaxinativa cadea cistérnica está definitivamente axustada e preparada para ser tirada e explorada internamente.

Sin máis ónimo de ofender.