O funcionamento da cadea retratil das nosas extranas mentes e tuberías neuronais sufriu un novo atasco. Bart Simpson, Peter Griffin ou Wender induciron as nosas mentes e convencéronos de que non eran suficiente material para a nosa futura wé.
Decidimos que as personaxes e a súa relación co mundo da gran pantalla resultaría un tema de recopilación e estructuración de información xa existente. Por tanto, a nosa creatividade ou innovación internauta quedaría á marxe e a calificación final sería insulsa e potencialmente escasa. Vale, pode que esto último estivese mellor en elipse...digamos que era a principal escusa, pero as outras expostas tamén dan o pego.
Ben, despois de esto sometemos os nosos sumidoiros a unha profunda e incesante búsqueda de novos temas e atopamos un valeiro en VÓS.
-Santiago, dis? Pois a catedral e o Pórtico da gloria,o camiño de Santiago,as innumerables igrexas, a explotación comercial ós guiris con minibotafumeiros...
Nós presentamos alternativas. A fotografía semella un sinxelo poste granítico verdade? E se vos digo que é un falo histórico? Coñeceredes algunha parada do XUBILEO PAGANO de Santiago de Compostela, extranas rúas e ambientes conflictivos. Todo iso tratado dende un punto de vista irónico,nalgúns casos, e noutros informativos. Achegarémosvos un Santiago alternativo e cheo de curiosidades, adxunto a mapas e rutas a seguir.
Como complemento, cada un dos retráctiles sinónimos ofensivos que compoñemos esta BITÁCORA ofrecerá lugares alleos a Santiago do mesmo calibre. Coñeceredes a ANTIGA CAPITAL DE GALICIA..."con certos matices históricos e de fontes máis ou menos fidedignas", lugares gastronómicos moi coñecidos e "peculiares"...
Xa sabedes, queridos, a nosa imaxinativa cadea cistérnica está definitivamente axustada e preparada para ser tirada e explorada internamente.
Sin máis ónimo de ofender.

5 comentarios:
carallo 29
So much great!
Estupenda a foto. Agora usade a perspicacia visual para o voso proxecto.
Necesitamos xa ideas máis concretas, bocetos, enfoques, directrices, expectativas, debates...
A páxina evoluciona moi lentamente, demasiado lentamente...
1. Hai que materializar a proposta inicial: obxectos, materiais que representen según cada persoa do grupo o bó e o mal deseño dacordo cos vosos puntos de vista. Xustificando as decisións.
2. Hai que materializar ideas sobre as páxinas que revisastedes ata o de agora para coñecer tamén a vosa opinión das mesmas e así poder reutilizar as ideas no voso proxecto.
3. Hai que colaborar nas outras bitácoras para crear a rede necesaria de intercambio de opinións e puntos de vista sobre o ámbito do traballo que estades realizando.
5. Hai que ir incorporando páxinas e documentos de referencia que fagan alusión ao deseño, en xeral, e ao web, en particular.
6. Non esquecer os comentarios sobre a páxina de Alan Becker
7. Non esquecer o traballo sobre a película TRON
cuantos más falos podreis encontrar x santiago adelante?
q sobrio... :P
Al equipo Tunic le gusta mucho vuestro cambio de tema. Lo considera mucho más apropiado y novedoso para sus lectoras, y estamos deseando ver esas rutas ocultas... Pero vemos que a lo mejor un "Santiago alternativo" os resulta un tema algo amplio. Pensamos que si dividís el tema en bloques temáticos a lo mejor os facilita el hecho de buscar la información, porque así ya sabéis lo que queréis.
Esperamos haberos sido de ayuda. El equipo Tunic espera vuestras propuestas!
Publicar un comentario