martes, 29 de enero de 2008

Comentarios Lois Blanco

LOIS BLANCO ARAÚXO

A pesar de non poder facer ( de momento ) unha autovaloración da nosa web por diversos motivos indicados acertadamente por Pedro, procedo á miña valoración das webs. Cabe dicir antes de nada que a crítica predende ser constructiva e, ó ser unha valoración persoal, sempre é interpretable:

IMARGÍNATE

-Contido: Este mundo adicado ós “inadaptados” ten un contido variado e curioso, que nos ensina un amplo espectro de elementos con relación ó punto de vista que se nos ofrece. Podemos ver tanto información recollidas da rede como elementos de creación propia, como pode ser o personaxe Aurelio Schneider. Botamos en falta unha imargipedia máis completa para ver uns contados máis amplos. Non atopamos información excesiva pero si curiosa e divertida sen ningunha pretensión trascendente.

-Navegación: É moi cómoda porque contamos con dúas barras de menú laterais no lado dereito, e tamén cun botón na parte superior que nos permite ir á páxina principal. Podemos criticar que o lado dereito pode non ser cómodo para o usuario porque é un lugar atípico de colocación deste tipo de elementos.

-Cor e tipografía: Estan acordes co “espírito” da páxina, con cores alegres que non sobrecargan á vista. Os elementos identificativos da páxina son os máis vistosos, o cal permite unha xerarquía que está a favor da web. O tipo de letra a min recordame ó que usaría un “friki” e, datos obxectivos a parte, paréceme unha boa elección.

-Aspectos positivos: As creacións propias e un “espíritu irónico” propio.

-Aspectos negativos: Público obxectivo limitado

-Valoración global: 8

SICK ROOM

-Contido: Non pretende informar e polo tanto o contido da páxina e pouco pero directo.

-Navegación: É intuitiva, cunha barra de menú lateral coa que informarnos das opcións principais do xogo. Están moi ben os botóns do menú, que se abren coma se fosen portas mostrandonos algo “oculto”. Gustaríame descatar o intro da páxina, cun vídeo frenético e unha múscia con moita forza que nos introducen perfectamente no mundo macabro no que imos entrar ( se queremos ).

-Cor e tipografía: Está moi acorde coa proposta da web, con letras vermellas resaltadas. O tipo de letra é sinxela, sen ningunha pretensión máis alá de acompañar á proposta da web.

-Aspectos positivos: A súa orixinalidade e “humor radical”

-Aspectos negativos: A violencia e a limitación do seu contido.

-Valoración global: 7’5

UNIVERSO SAP

-Contido: É moi persoal e polo tanto pouco interesante se non coñecemos ás persoas correspondentes a cada mundo. Vemos como cada un é independiente e ofrece cousas moi distintas o cal pode ser positivo pero está pouco coexionado.

-Navegación: Está ben feita ( é sinxelo recorrer os mundos SAP ) excepto que botamos en falta algún enlce para poder volver á páxina principal.

-Cor e tipografía: Ó estar baseada en debuxos encontramos cores e tipografías dispersos. Van acorde con cada mundo pero non expresan nada en sí mesmas.

-Aspectos positivos: A creación dos mundos e os seus debuxos

-Aspectos negativos: Pouca cohesión e pouco interese obxectivo.

-Valoración global: 6’5

OS FEITIZOS DA MEIGA

-Contido: Paréceme interesante e ben organizado. A través dos diferentes apartados podemos descubrir informacións relacionadas directa ou indirectamente coas meigas.

-Navegación: está moi ben esquematizada dende o inicio. Os enlaces están claros e cada apartado ten enlaces cos outros. A través do caldeiro podemos volver á páxina principal.

-Cor e tipografía: escolleron a cores laranxa e negra como as principias da páxina. Paréceme unha elección correcta. Podemos dicir que non é arriscada nin sorprendente pero acompaña moi ben ó contido que se nos ofrece na páxina.

-Aspectos positivos: O contido

-Aspectos negativos: Non soprende, é sinxela en canto a deseño e estética.

-Valoración global: 7

DIVISIÓN PAQUITO

-Contido: a información ficcionada non é extensa pero en cambio é divertida e interesante. Unha homenaxe irónica que se estructura temporalmente permitíndonos seguir historias dentro da propia web.

-Navegación: ás veces é complicada porque os arquivos pesan e, se non se conta cunha conexión decente, a navegación é lenta. Tamén dicir que a barra de menú non está feita para despistados...

-Cor e tipografía: ó usar de fondo fotografías como base do deseño a cor e a tipografía teñen menor importancia. Eu creo que a elección é correcta tendo en conta a proposta web que nos mostran estes/as compañeiros/as.

-Aspectos positivos: A súa orixinalidade, a intelixente irónia e os fondos da páxina.

-Aspectos negativos: a navegación

-Valoración Global: 8

ELLA TV

-Contido: está moi estructurado e é completo, xa que abarca ( eu creo ) a maioría das posibilidades informativas que permite unha web deste estilo. Como supostos fans desta serie temos acceso temas variados e curiosidades coas que saciar o “afan fan”.

-Navegación: faise sinxela, cunha barra clásica de menú no lado esquerdo que nos permite acceder facilmente ós contidos da web.

-Cor e tipografía: na miña opinión as cores da web non está acorde co público obxectivo, xa que o estilo a primeira vista parece máis clásico cunha cor marrón predominante. Gustoume sin embargo o detalle de que cada personaxe tivese unha cor propia, isto guía ó visitante dalle certa personalidade á páxina.

-Aspectos positivos: os contidos e unha aposta global completa

-Aspectos negativos: pouco risco e falta de detalles no deseño como por exemplo animacións.

-Valoración global: 7

GELATINA

-Contidos: dada a proposta os contidos informativos son poucos, xa que se centra sobre todo en fotografías para promocionar esta marca de moda. Estes contidos fotográficos están moi ben e ofrecen unha ampla gama de productos.

-Navegación: é cómoda e rápida. A colocación dos elementos na web é efectiva e á vez interesante á vista.

-Cor e tipografía: o contraste entre un fondo con cores brancas e grises fan que o colorido dos debuxos e dos productos salte á vista do visitante da web. Eu creo que xoga moi a favor da páxina.

-Aspectos positivos: personalidade propia e definida

-Aspectos negativos: pode resultar pouco interesante

-Valoración global: 7’5

NICOTINA NO CONDÓN

-Contido: e breve e limitado, xa que se trata de promocionar unha compañía concreta.

-Navegación: é sinxela, podemos recorrer os diferentes apartados sen dificultade

-Cor e tipografía: recórdanos a un teatro máis clásico, diria eu inclusive tópico.

-Aspectos positivos: boa navegación

-Aspectos negativos: non é atractiva á vista e limitada en canto a ofrecemento ó visitante.

-Valoración global: 6

TUNIC A REVISTA

-Contido: quizais para ser unha revista de moda se quede curto pero está ben organizado. Paréceme moi interesante a critica que subxace dentro destes contidos, facendo máis evidentes os tópicos para mostrar o seu absurdo.

-Navegación: é moi intuitiva, imos fácilmente dun apartado a outro e de forma rápida. Contamos sempre coa barra superior do menú, a cal sempre temos visible, para poder recorrer as informacións que a revista nos ofrece.

-Cor e tipografía: Gústame que o estilo está moi definido e, sobretodo, a través do verde e do rosa. A cor verde de fondo pode facerse cansina se navegas moito por esta web, dificultando así o interese do visitante polas informacións alí expostas.

-Aspectos positivos: ter unha personalidade definida

-Aspectos negativos: a brevidade de contidos

-Valoración global: 7’5

O SACHO

-Contidos: son moi extensos e interesantes. O tema dos refráns está abordado dende diferentes perspectivas o que lle permite diversificar o número de visitantes. Temos unha mezlca de informacións “tradicionais” con informacións de creación propia e humor realmente interesantes.

-Navegación: a barra de menú lateral permítenos navegar pola web con comodidade.

-Cor e tipografía: a cor verde pertencente á herba e ás follas e o sinal de identidade desta web. Non sei o por qué da elección pero a min estéticamente gústame e creo que vai ben co tema que se trata. A tipografía é sinxela, para axudar á lectura e a compresión

-Aspectos positivos: a diversidade de formas para abordar o mesmo tema

-Aspectos negativos: pode resultar monotemático

-Valoración global: 7’5

NUESTROS 90

-Contido: moi ben organizado. É certo que nos informan duns noventa moi persoais, dende un punto de vista concreto. Pero hai que dicir que ese punto de vista está traballado e resulta interesante de ler.

-Navegación: quixera destacar o debuxo da portada, dende a cal entramos inicalmente a o apartado que escollamos. É orixinal e, á vez, cómodo para movernos pola web.

-Cor e tipografía: estilo infantil, moi colorista. Resulta un pouco molesto pero crea un estilo propio a toda a web e, polo tanto, é interesante.

-Aspectos positivos: unha aposta completa e organizada

-Aspectos negativos: pode resultar daniño para a vista e ten un público obxectivo igual demasiado concreto

Valoración global: 8

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas polo esforzo de revisión e valoración. Neste caso, no dos tres, falta a autocrítica, pero agardo que a fagades canto antes.
Non é tan difícil avaliar. Incluso ás veces é divertido. Os criterios convértense en subxectividades marcadas polo uso axeitado dos nosos coñecementos.
mol

Anónimo dijo...

Na bitácora falta o enderezo da All friends (all-friends.blogspot.com)