Pedimos desculpas pola ausencia do link ao blog de All Friends, que foi correxida de inmediato unha vez nos foi advertido.
Por outra parte, este mesmo grupo tampouco pudo ser avaliado por Pedro Díaz López, "min", porque o meu maravilloso ordenador non me permitía vislumbrar máis traballo desta web ademáis da animación flash do seu título...aspecto bastante importante como para que, aínda que confío na profesionalidade destas mozas, non considerara oportuno avalialas con tal "extenso" contido.
Procedamos:
ELLA TV: 8,625
Deseño: Constante e moi acorde coa estética do que creo que debe de ser unha páxina destas características. Dalle solidez e consistencia no seu conxunto. 8
Contidos: Pese a partir coa dificultade de seren fictíceos; de creación propia, son abundantes, coherentes e ben cohexionados. Pese a estar adicados a un target moi específico, solo para os supostos fans, pode resultar interesante e de obxecto de curiosidade para moitos outros pola súa boa presentación e desenvolvemento. 8,5
Estrutura: Dende o comezo, todos os contidos se estructuran perfectamente coa barra de menú lateral.Todas as seccións teñen a mesma disposición, non é algo aleatorio e independente, polo que creo que ambas consideracións lle dan unha estructura consistente e de web seria, dende o punto de vista formal, non de carácter. 9
Navegación: En todo momento sinxela e áxil. Non deixa lugar a dúbidas e nunca te entontras nun lugar sen saída, ou cunha única posibilidade. 9
Aspectos negativos: O target de interés ó que se dirixe, e que se trate de algo fictíceo. Sobre todo,que tratándose dunha web dunha serie televisiva, non teña máis material audiovisual.
Aspectos positivos: A súa consistencia e carácter diferenciador como páxina do calibre que pretende ser. Tamén o esforzo creativo que supón a creación dunha páxina totalmente fictícea, sen alonxarse da coherencia.
Archivo del blog
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

1 comentario:
Falta a valoración numérica do proxecto e a autoría.
mol
Publicar un comentario