lunes, 28 de enero de 2008

Sin grandes ónimos

Tras incesantes, olvidables e atemporales semanas, a nosa web e erros informáticos xunto con falta de capital humano non nos permitiu facer a presentación pública do venres día 25. Cabe pedir desculpas, aínda que damos fe de que por traballo e horas perdidas, que aínda se siguen sumando hoxe en día, non foi. Espero que para a primeira semana do segundo cuatrimestre esté subida á rede, dun xeito ou outro, para que poidades saber un pouco do noso traballo. Consideramos un pouco inxusto calificar ós demais grupos sen que eles nos poidan avaliar en igualdades de condicións, pero así son as esixencias académicas.
"Wally Street, Compostela" será un lugar de sinxela navegación, contidos esperamos que novidosos, e dunha temática cercana. Como veredes, o noso punto central serán os contidos, non pola súa excesiva abundancia, senón pola súa dificultade de búsqueda e de concentración.
Do mesmo xeito, tamén cremos coherente que a publicación do libro de estilo e demais características sobre a web, se fagan conforme á publicación da mesma, xa que agora mesmo carecería un pouco de sentido, xa que non se podería ver materializado na práctica.

No hay comentarios: