
Rebeldía do código informático ou cómo facer para que as túas creacións non vaian na túa contra. Alan Becker realiza coas súas pezas de animación un exercicio de inxenio e humor ( con grandes doses de paciencia ) para propoñer algo digno de verse. Poderemos chamarlle frikismo do flash ou xenialidade con apariencia simple ( para os que non coñezan a animación ), xa que cunha distancia crítica non é algo visualmente impactante. Diriamos que é visualmente innovador, iso si. Vemos nunha creación visual algo que non estamos acostumados a ver deformado ou descontrolado, o noso propio escritorio ou os nosos propios programas. É animación dentro dela mesma, un exercicio de metaanimación. Non sabemos si a palabra existe, pero Alan Becker podería ser un dos motivos máis importantes para o establecemento da mesma. É interesante como un boneco aparentemente sinxelo pode converterse no protagonista dunha acción de rebeldía, a creación contra o creador. Digamos que Becker crea unha ciencia-ficción informática, facendonos as típicas propostas deste tipo de xénero e meternos nun mundo moi cercano para nós, pero tamén igualmente “retorcido” e inesperado.
Hai veces que estaría ben poder pelexarse físicamente coas animacións que se pretende crear...
Hai veces que estaría ben poder pelexarse físicamente coas animacións que se pretende crear...

No hay comentarios:
Publicar un comentario