viernes, 22 de febrero de 2008

AUTOVALORACIÓN por Pedro Díaz López

WALLY STREET,COMPOSTELA:8,5

Deseño: 7 O deseño non presenta grandes dotes de creatividade, e porque a atención non estivo posta esencialmente nelo, xa que o obxectivo era a funcionalidade e o contido da web.

Contidos:9. Creo que é o punto forte, xa que sobre todo a sección principal de "curiosidades A-turísticas" presentada como tal no index, supón unha novidade para un target de interés elevado, xa que nin os propios sangiagueses coñecen a maioría destas rarezas. Creo que están ben presentados e sintetizados, co que rapidamente podes saber o que é cada cousa. O mesmo comentario recibiría a sección de VIP IN COMPOSTELA, que presenta en case todos os casos a personaxes que se ven pola rúa pero dos cales non temos información. Baséanse pois, na resolución de curiosidades; unha materia a da curiosidade que todos experimentamos.

Estrutura:9. Todas as seccións están presentes en todas as htm da web, polo que a estrutura é clara e facilita a navegación. Toda a web mantén unha mesma disposición dos contidos polo que penso que está ben coexionada e non se convirte nun laberinto. O index creo que presenta ben os contidos, dunha maneira sinxela e rapida. Cunha rapida visual podemos ver o contido da web

Navegación:9. Sinxela pero creo que moi funcional. En ningún caso o usuario está suxeito a un camiño prefixado, ou a unha ou dúas alternativas. Ademais en seccións como a de LENDAS ou a de CURIOSIDADES A-TURISTICAS, aparece un menu lateral en cada un dos seus correspondentes htm co contido de toda esa seccion, para non ter que voltar ó index ou a unha paxina principal. Hai múltiples opcións de navegación: mediante os nomes das curiosidades, dun xeito máis "explorador" mediante o mapa cos seus puntos claves, ou xa metidos en cada unha das curiosidades, con submapas onde aparecen outras curiosidades cercanas.

Aspectos positivos: Un bo index, ben plantexado, cun deseño bastante bo, e o contido; suxerente e novidoso.

Aspectos negativos: un deseño moi sinxelo, sen moito risco, máis alá dos botóns flash e do index. As seccións de Vip en compostela e a de Compostela Inside perderon peso con respecto ás de CURIOSIDADES E LENDAS, xa que son moito máis subxectivas co que a web perde a credibilidade e seriedade da que a dotan as outras seccións. Tamén a disposición dos contidos destas seccións criticadas son demasiado sinxelos, de pouco atractivo visual para o espectador.

No hay comentarios: