viernes, 22 de febrero de 2008

Autovaloración (Sergio González)

Wally Street, Compostela: 8’625

-Contidos: 8,5. Presentáronseme como novos no momento da creazón da web, agora evidentemente xa non, mais resúltanme interesantes en certa dose, xa que está ben saber que en Compostela hai algo máis có botafumeiro. Porén os contidos non teñen como obxectivo a promoción turística, senón que están máis dirixidos ás persoas que viven/vivimos aquí, que hai moitas cousas que non sabemos.

-Deseño: 7,5. Tratamos de coidar este apartado, distribuíndo texto e imaxe dun xeito que consideramos axeitado; pero a prioridade era a concepción funcional da páxina. Porén nalgúns apartados non atopamos fotos minimamente coherentes co texto, entón evidentemente están só con texto e dan unha sensación de baleiro con respecto a outros apartados da mesma sección. O menú principal considero que está moi traballado, e paréceme un acerto incluír os mapas de proximidade dentro da sección das curiosidades e sinalar cal onde está a que estamos a ver.

-Estrutura: 9. Os apartados da web están estruturados dun xeito moi sinxelo, que para min crea unha estrutura sumamente evidente. Creo que os contidos de cada apartado teñen unha boa organización.

-Navegación: 9,5. É sinxela e con fácil acceso entre seccións e ao menú principal, no cal a sinalización no mapa compleméntase coa navegación pola sección chamada Curiosidades A-turísticas. Permite saltar entre seccións e entre os distintos apartados sen ir ao menú, mais tamén ir ao menú se así se quixer.

-Aspectos positivos: as cores elixidas son discretas e que non cansan a vista. As posibilidades da navegación son moi amplas. Os contidos son novidosos case integramente. A posibilidade de navegación mediante o emprego dos mapas na sección Curiosidades A-turísticas creo que é un importante punto ao noso favor.

-Aspectos negativos: algún nome de sección non é todo o explícito que debera. Deberiamos ter salientado máis a presenza do tráiler, que case non se ve no menú principal; probabelmente deberamos ter feito unha páxina de inicio anterior ao menú principal, e así non ter que poñer as animacións de flash para chamar a atención, que seguramente non son todo o boas que deberan. Os contidos non teñen por que interesar a todas as persoas que vivan en Compostela (aínda que isto é un risco evidente de todas as páxinas) e hai seccións que teñen maior peso ca outras.

No hay comentarios: