viernes, 22 de febrero de 2008

LIBRO DE ESTILO

- Resolución da pantalla: 1024 x 768

- Diagramación e elementos básicos: Wally Steet caracterízase por unha cabeceira común a todas as seccións e todos os htm, para darlle un carácter unificado a toda a web. O Pedregrín (logo da páxina) aparece en todas as seccións como icona gráfica representativa e que ó mesmo tempo nos permite voltar ao index. Nas seccións de COMPOSTELA INSIDE e de VIP IN COMPOSTELA o seu deseño cambia en consonacia coa temática de cada caso, pero faise perfectamente identificable coa súa función común. Tamén nas seccións que teñen “subcontidos” ou varios contidos, como o caso de LENDAS ou CURIOSIDADES, aparece sempre un menú lateral á esquerda que nos presenta todos os contidos sen ter que voltar ao index ou páxina inicial da sección(caso de LENDAS).

- Estrutura da páxina: Procuramos que ningunha páxina tivese desprazamento horizontal porque no noso caso resultaría máis molesto que últil. Na sección de CURIOSIDADES hai htm nas que o contido era moi sintético polo que o dispuxemos de xeito que non aparecesen tampouco desprazamentos verticais.

- Utilización de táboas, capas e marcos: Tanto o contido textual como gráfico foi disposto e creado mediante capas, o que leva consigo un gran traballo e unha intensa dificultade á hora de facer a web. Non empregamos táboas, o que nos facilitaría tal traballo.

- Cores identificativos do proxecto: As cores principais e identificativas son o azul e o vermello “viño”, común aos botóns flash das seccións e da sección de lendas en particular. (publicaremos os códigos das cores en breves)

- Tipografía: Courier New. Eliximos esta fonte polo seu carácter sobrio e porque cremos que dotaría a web da seriedade e da credibilidade que queremos mostrar na maioría de seccións, como a de CURIOSIDADES , LENDAS ou VIP.

- Uso e características das imaxes: Cobran especial importancia na sección de CURIOSIDADES, xa que grazas á sustitución de imaxes podemos localizar nos casos nos que nos foi posible, o lugar dun xeito máis global que ilustre a explicación e situación descrita no texto, e tamén unha descripción visual da curiosidade máis de preto.Nos casos das Lendas, ou Vip serven meramente de acompañamento do texto.

- Uso e características do son:Non empregamos ningún tipo de son de ambiente ou de fondo, nin sons para accións ou botóns, porque cremos que a primeira opción é tremendamente molesta e disfuncional para calquera web que non sexa musical ou de presentación de grupos musicais ou eventos de tal carácter.

- Uso e características do vídeo: Empregamos o vídeo para o trailer da web, que supón unha presentación do contido da web, creando as espectativas que pretendemos. Tamén empregamos vídeos de youtube en algunhas seccións

- Actualización de contidos: Polo contido da web, non sería un elemento importante, xa que as curiosidades non se crean nunha cidade a diario, senón nun tempo máis prolongado.

- Recursos interactivos: Sobre todo os vídeos. A nosa interactividade básase na ampla posibilidade de navegación

- Información complementaria: Gran esforzo de documentación. Entre ela: artigos do xornal elpais.com e outras webs. Tamén:

Guía de Santiago”, G.Fuertes Dominguez

“Guía de Santiago de Compostela”, El País Aguilar

“Santiago y Galicia”, Xacobeo Galicia

4 comentarios:

Anónimo dijo...

See HERE

Anónimo dijo...

Por fin, despois de tanto sufrimento¡¡¡
O traballo non está mal, sei que houbo esforzo e moitos problemiñas. O enfoque é bastante orixinal, buscando distintas formas de ve-a cidade, alonxándose do que son os tópicos percorridos turísticos, aínda que a búsqueda dos rincóns xa forma parte da idea de turismo medianamente alternativo.
Os iconos de creación propia están logrados (o pelegrín, as dúas Marías...)
Hai bastante contido
Hai utilización de recursos multimedia: vídeos, animacións, imaxes de sustitución (que por certo en Ginkgos en Santiago falta unha delas)
A navegación é correcta, pódese volver sempre á páxina principal, agás se estas en innumerables recunchos, que se pulsas no icomo do peregrino vas a unha páxina na que aparece o rótulo "mandamentos do camiño". Ha navegación é fluida pero o sistema de navegación presenta un exceso de redundancia, que acaba confundindo. Non ten sentido que desde Atlas vaia a tres zonas, que logo aparecen por separado no menú de navegación, o mesmo sucede coa cruz dos farrapos, e con carallo 29 vou aos mesmos sitios que pulsando Atlas (o mapa repítese). En innumerables recunsos aparecen 3 mapas nos que só funcionan 7 enlaces, e súponse que hai 9 espazos a visitar.
Tamén a navegación se converte en algo confusa no segundo menú ou sistema de navegación secundario: se estas en Mandamentos vense os catro rótulos do menú secundario, pero si estás en compostela inside, só se ven tres.
Hai bastante identidade visual, que se perde un pouco máis na parte do menú secundario. O vídeo propio só se pode visualizar dende a portada.
as páxinas non teñen título no navegador.
O tamaño da letra é algo grande e as veces no mesmo documento non aparecen os párrafos co mesmo corpo (exemplo, carallo 29).
No bloque de lendas, hai un oco á esquerda, non se sabe porque, parece o oco dun posible menú.
Os iconos dos peregrinos nos mapas aparecen diferentes??. E o cambio do icono do peregrino polas 2 en punto, pode crear certo grao de confusión.
mol

Anónimo dijo...

Attention please!
->> Remove Viruses! <<-

Anónimo dijo...

A valoración global do proxecto é de 7,5.
Deixei en reprografía documentación sobre deseño
mol