
Este home con cara de oficinista retirado é Saul Bass, un diseñador moi recoñecido polos seus traballos en cine, pero os seus diseños tamén formaron parte da industria publicitaria ou no diseño comercial “clásico” estadounidense. Bass naceu no ano 1920, no Bronx neoiorquino. Dende neno xa se itneresaba polo debuxo e demostraba unha creatividade que ó longo dos anos lle serviría para obter recoñecemento profesional. Formouse primeiro no estudio de Artes League en Nova Iorque e despois no Colexo de Brooklyn, onde entrou en contacto co estilo Bauhaus e o constructivismo ruso, influencias que podemos recoñecer en certos rasgos do seu estilo. No ano 1946 decide trasladarse a Os Anxeles, onde abriu o seu propio estudio independiente, o que lle permitiu entrar en contacto coa industria cinematográfica. A súa primeira colaboración foi co director Otto Preminger, para o filme Carmen Jones, no ano 1954. Ésta foi a primeira de exitosas colaboracións entre as que destacamos as relacionadas con directores tan importantes como Billy Wilder, Martin Scorsese ou Alfred Hicthcock. Pero Bass non tamén fixo traballos independientes ( cortometraxes ): The searching eye ( 1964 ), From here to there ( 1964 ) e Why man creates ( 1968 ), co que gañou un Oscar. As súas colabroacións no mundo da publicidade foron variadas, pero entre as máis existosas estiveron nas campañas para as empresaas United Airlines, Minolta e Bell. Como “curiosidade” dicir que Saul Bass diseñou o póster dos xogos olímpicos de Os Anxeles do ano 1984. Morre en 1996, tras realizar nos anos 90 colaboracións importantes, como por exemplo en El padrino, de Martin Scorsese

No hay comentarios:
Publicar un comentario