miércoles, 20 de febrero de 2008

XUSTIFICACIÓNS ÓS COMENTARIOS

Xa están as notas globais achadas e indicadas en cada un dos proxectos, despois de realizar a media correspondente. De todolos xeitos paréceme un pouco inxusto que se considere como traballo non feito, so porque non se fixese esta suma e posterior división, xa que en cada un dos puntos de avaliación estipulados estaba perfectamente detallada a nota numérica así como unha xustificación da mesma. Ademais creo que foi un problema que tivemos a maioría dos grupos, polo que sería un mal entendido.

Por outro lado, outra das obxeccións foi que non fixemos unha autovaloración, e que por iso tampouco se consideraba o traballo como válido. Ante isto, xa llo comunicáramos vía MAIL, dicindo que ó non ter a web subida á rede, decidiramos que non tiña moito sentido facelo, así como o libro de estilo. Ante eso respondéchesnos afirmativamente, por elo a ausencia por agora de autoavaliación.

No caso da entrada FE DE ERROS, a pega tamén era que non estaba identificado quén o fixera, pero sí que o está, unhas liñas máis abaixo do título; "Pedro Díaz López".

Esperamos que estea todo solucionado.
Grazas

No hay comentarios: