INFORME
Introducción
O mundo web é cada vez máis extenso, e por iso é complicado encontrar ideas orixinais que ademais consigan conectar cun público obxectivo. Intentando enfrontarnos a esta complicada tarea, tivemos a impresión de que cada idea que se nos ocorría non serviría, ben por estar xa feita ou ben por ser difícil de levar a cabo. Foi o caso, por exemplo, da primeira idea que desbotamos, a de facer unha páxina sobre series de animación. Vimos que este tema non nos permitía aportar cousas verdadeiramente nosas o proxecto e, por iso, decidimos cambiar. Foi difícil porque tiñamos xa a idea anterior algo plantexada, coas súas seccións de decididas e as partes de cada un dos compoñentes do grupo.
Debates sobre a web
Desde un comezo queríamos unha web que mostrase o lado alternativo de algo. De este xeito, primeiro pensamos nun proxecto basado nunha especie de axencia de viaxes con destinos alternativos, que nunca te atoparías nunha axencia convencional. Desbotamos a opción por ser excesivamente creativa e con pouco interés máis que o de diversión. Tras esto, tivemos un pequeno interese pola creación dun espazo onde recopiláramos fragmentos de series de animación nos que se fagan referencias a esceas de películas de cine. Tamén a rexeitamos porque era algo que xa existía. Finalmente, tras descubrir libros e tras conversas fortuítas, decidimos que a primeira idea que tivéramos, podía abordarse con carácter verídico e con contido útil, se falábamos de Santiago. Foi pois, cando comezamos un arduo traballo de documentación.
Definición da páxina
Wally Street Compostela é unha páxina web que pretende mostrar as partes curiosas, ocultas, de Santiago de Compostela, tanto no plano histórico como no plano do contexto sociolóxico actual. Pretendemos deixar de lado os “tópicos” santiagueses e as “típicas” rutas para turistas, co obxectivo de mostrar que hai máis alá das cousas que mostran as guías turísticas. O seu obxectivo é informar tanto a curiosos, novos visitantes e tamén por suposto a habituais residentes ou visitantes da cidade, de cousas sobre Santiago que non coñezan ou servir un instrumento entretido para ampliar o coñecemento da cidade. Isto dependerá claro, de cada un, pero ó referirnos a un público máis ou menos amplo, arriesgámonos a que algunhas cousas xa sexan coñecidas polos internautas.
Público obxectivo
O noso público obxectivo comprende un amplo espectro, pero pretende sobretodo centrarse nun público xoven ( entre 18 e 40 anos ), curioso co que lle rodea. Isto non exclúe por suposto que a páxina non poida ser interesante para un espectro más amplo de idades, pero o deseño e o estilo dos textos teñen en principio ese público obxectivo. Este público contería, aparte de persoas coas idades indicadas anteriormente, para persoas que lles guste viaxar e darse tempo para coñecer máis profundamente os lugares nos que se encontra. Pode ser o caso por exemplo de xóvenes que están de erasmus, que teñen tempo para interesarse polas curiosidades das cidades, unha vez coñecen as “clásicas” atraccións turísticas. Serán, polo tanto, persoas que teñan unha mente aberta e vitalidade, sabendo apreciar o punto cómico que poden chegar a ter as cousas.
Recursos técnicos e humanos
Os recursos técnicos usados para materializar este proxecto foron por un lado, os equipos informáticos da facultade de ciencias da comunicación e, por outro, os ordenadores portátiles nosos. Os recursos humanos que empregamos fomos nós mesmos: Pedro Díaz López, Sergio González Leis e Lois Blanco Araúxo, así como "entrevistas" con familiares que coñecían certas hisotorias de Compostela, e outros coñecidos. Tamén o emprego dunha cámara dixital SONY para a realización do trailer da web, así como a "contratación de amizade" de Daniel Villaverde e Xurxo López como protagonistas.
Planificación e deseño
O contido da páxina fómolo orgnizando segundo iamos encontrando cousas que nos interesaban para poñer na páxina, ou que nós mesmos queriamos contar ao respecto da temática da nosa páxina. Desta maneira dividimos o contido en cinco seccións diferentes: Lendas, Curiosidades A-turísticas, Mandamentos do Camiño, Compostela Inside e Vip in Compostela. Na sección de Lendas propoñemos ó internauta que descubra historias que proveñen ben, do “boca a boca” da xente, ou tamén historias escritas con referentes reais. É o que podemos chamar “mítica contemporánea” con pouca ou moita base histórica, é dicir, historias nas que o referente é real pero envoltas en caracteríticas que teñen certo grao de ficción.
A sección Curiosidades A-turísticas son breves referencias a elementos curiosos de santiago, ben sexa comparados con comportamentos sociais ou con características dignas de ser citadas. Na sección Mandamentos do Camiño tratamos de recomendar ós peregrinos na súa viaxe, intetando incidir nas cousas verdadeiramente prácticas e persoais, deixando de lado o espírito relixioso do asunto. A través de experiencias persoais recomendamos ós peregrinos unha serie de cousas que lles poidan servir para evitar complicacións no Camiño. A sección Santiago “Inside” é a máis contemporánea. Damos a nosa opinión de cousas que vemos en Santiago que nos chaman a antención, usando vídeos para exemplificar as cousas das que falamos. No apartado “Vips compostela” tratamos de acercanos un pouco máis ós personaxes representativos de Santiago. Hai que explicar que non nos referimos a representativos no seu sentido habitual, é dicir, o de “importantes”. Estes personaxes inciden máis no día a día na cidade ou son persoas curiosas dentro do contexto social.
Repartimos desta maneira contidos de actualidade, de historia e os relacionados coa mítica ou a lenda. Desta maneira, nos acercamos a diferentes planos temporais e sociolóxicos, mostrando una visión ampla pero concreta do que nos interesa mostrar.
O icono da nosa páxina, o “Wallygrin”, é un símbolo dun dos nosos obxectivos: fundir Santiago coa curiosidade da búsqueda. Escollimos desta maneira un icono compostelán para convetilo nun icono propio mediante modificacións. Usar un mapa como referente de navegación é unha forma visual de conseguir o que buscamos: despertar ese interese polas cousas “menos comúns” que se esconden na cidade.
A cor azul usada para o fondo principal é agradable á vista, xa que tende a tranquilizar e a dar armonía axuda a despertar a curiosade. Desta maneira conseguimos unha páxina que non force a vista pola súa cor, permitindo que tanto os seus elementos textuais como fotográficos adquiran o protagonismo. Cada sección ten unha gama de cores e un fondo distinto, diferenciando varios ambientes dentro da páxina.
Os textos, presentados mediante o tipo de letra Curier New, teñen unha apariencia que está entre a sobriedade e un aporte de certa fiabilidade, favorecendo a cercanía co público obxectivo.
Obxectivos
Mostrar o lado alternativo dunha cidade que todos entendemos como exemplo de turística e cuxos destinos e intereses están prefixados e ben marcados. Con esta web, pretendemos botar abaixo con esta crenza, demostrando que ata nos lugares máis pequenos, como pode ser Santiago, podes atopar curiosidades e actividades inóspitas e divertidas, coas que convertirte nun peregrino ou viaxante alternativo.
Difusión:
No caso dunha web desta categoría, o máis común é a súa difusión mediante organismos públicos, xa que supón unha publicidade para a cidade. Eso sí, unha implicación pública suporía certas limitacións nos contidos, en materia irónica sobre todo, que a día de hoxe non fixemos.
Documentación:
O proceso máis elaborado. Servímonos de artigos
Tarefas
As tareas exactas de cada un dos membros do equipo de taballo foron as seguintes:
- Pedro Díaz López: deseño e contidos
- Serxio González Leis: deseño
- Lois Blanco Araúxo: contidos
Presuposto e financiación
Neste apartado do informe faremos unha soposión empresarial do traballo feito no noso proxecto. Realmente traballamos ao redor de 200 horas como pouco, pero no caso dun presuposto a un cliente, os erros e as travas informáticas non se poderían engadir, polo que 90 horas serían suficientes se tivesemos coñecementos informáticos necesarios como para identificar virus e outros problemas, arranxalos e continuar co traballo. A 24 euros por hora, temos un total de
2160 euros, correspondendo lle 720 para cada un. Tendo en conta que contamos cunhas computadoras de mesa Intel Pentium 4 a 1.6 Gh, que están no mercado a un precio de aproximadamente 570 euros e, dado que utilizamos tres, teremos que sumarlle ó presuposto unha cantidade de 1.710 euros. A esto hai que engadirlle tamén a utilización de dous portátiles os cales, se sumamos o prezo dos dous obtemos unha cantidade de 2.260 euros. De esto deberíamos establecer unhas operacións de amortización deste tipo de capital, do seu gasto como tecnoloxía. Poñamos aproximadamente uns
100 euros por cada portátil, xa que os outros son cedidos pola Universidade.Cabe tamén engadir un salario ós protagonistas do trailer. A un prezo de 10 euros/hora, e empregando unha tarde, 4 horas, saliría a
40 euros cada un. Teremos tamén en conta a elección do servidor. Se escollemos un servidor gratuito para publicar a nosa web non egadiremos este custo ó presuposto pero, no caso de elixir un servidor de pago teriamos que telo en conta. Pensamos en que compensa facer algo de gasto e comprar un dominio propio para a nosa web, xa que telo daríanos máis personalidade e fariamos máis accesible a páxina.
TOTAL: 2240 euros.Sempre nunha aproximación a gran escala